BENVIDA

SON UNHA MESTRA DE INFANTIL QUE IMPARTEU UNHA SESIÓN SEMANAL DE "NOVAS TECNOLOXÍAS E LINGUAXE AUDIOVISUAL" AO ALUMNADO DA MIÑA ESCOLA.
INTENTO QUE O ALUMNADO SE EXPRESE COA IMAXE: DEBUXOS, FOTOS, VÍDEO... , E SONS: PALABRAS, CANCIÓNS, MÚSICA... A TRAVÉS DAS TIC
NESTA BITÁCORA COMPARTIMOS OS TRABALLOS QUE FACEMOS COAS FAMILIAS.

lunes, 30 de abril de 2012

"OS MAIOS"






"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia,serven para celebrar a despedida do inverno e a chegada da primaveira. Fanse creacións artísticas e cántanse coplas. 




Nós fixemos os nosos "maios" particulares co Tux Paint.




video

sábado, 28 de abril de 2012

"OS MAGOS"

O alumnado de 3 anos está achegándose o cine coas súas propias producións. Esta é a primeira.
Esta actividade fixose nas 5 aulas de 3 anos. So lle adicamos unha sesión, se algún alumno non sae e porque ese día non veu a escola.
Empezamos publicando o alumnado da clase da profe Concha.




Na clase da profe Feli





Na clase de Natalia












NA CLASE DA PROFE MANOLI



OS MAGOS DA CLASE DA PROFE ELENA


domingo, 22 de abril de 2012

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO





.

NO DÍA DO LIBRO O EQUIPO DA BIBLIOTECA PROPUXO QUE FIXESEMOS UN TRABALLO DO LIBRO QUE MÁIS NOS GUSTABA. EU VOU  FACER UNHA HOMENAXE AO CONTO QUE MÁIS VECES CONTEI.
É UN CONTO QUE PERTENCE AO LIBRO DE GIANNI RODARI "CONTOS O TELÉFONO".

DESPOIS DE ESCOITAR A Soledad Felloza  o alumnado de 3 anos imaxinou  o final así...

video

O ALUMNADO DE 4 ANOS DEBUXOU O SEU CONTO PREFERIDO

video

martes, 17 de abril de 2012

"FORMAS XEOMÉTRICAS"

HOXE, OS DE 4 ANOS,  FIXEMOS UNHAS "OBRAS DE ARTE" CO TUX PAINT, PARTINDO DAS FORMAS XEOMÉTRICAS, ESTE É O RESULTADO:

video
Os de 3 anos fixeron o mesmo con círculos

viernes, 13 de abril de 2012

JACKSON POLLOCK

ESTA SEMANA,  O ALUMNADO DE 3 E 4, ANOS ESTIVEMOS A IMITAR A JACKSON POLLOCK E PINTAMOS NA PDI E NOS ORDENADORES CO PROGRAMA TUX PAINT
ESTE É O RESULTADO

video

martes, 10 de abril de 2012

ATA OS CORDÓNS

UNHA NENA DE 4 ANOS ÁTALLE OS CORDÓNS A UN  COMPAÑEIRO QUE NON SABE.

Canción: "Atate los cordones" de Piñón Fijo