Durante os días 20,21,22 e 23 de Febreiro celebrouse en Santiago o Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade". O noso traballo "Que chega o lobo!" feito polo alumnado de 5 anos, foi seleccionado polo Comité Científico da organización para ser presentado dentro do marco "Do album ilustrado a curta de animación".
Foi unha pequena presentación de 15 minutos pero moi aplaudida polos asistentes.
Recibimos a felicitación persoalmente de Carme Solé, autora e ilustradora catalana, e de Mónica Weiss ilustradora arxentina que nos transmitiron as súas felicitacións para o alumnado participante e nos animáron a seguir traballando neste campo.
Carme Solé tamén nos achegou felicitacións para a profe Luz, por traballar ese conto . Ela dixo que llo contaba ao seu neto polas noites.
O luns 21 como parte do Congreso inagurouse a exposición "Ilustramundos" no Pazo de Fonseca, que permanecerá aberta ata o 20 de abril.

No hay comentarios:
Publicar un comentario