BENVIDA

SON UNHA MESTRA DE INFANTIL QUE IMPARTEU UNHA SESIÓN SEMANAL DE "NOVAS TECNOLOXÍAS E LINGUAXE AUDIOVISUAL" AO ALUMNADO DA MIÑA ESCOLA.
INTENTO QUE O ALUMNADO SE EXPRESE COA IMAXE: DEBUXOS, FOTOS, VÍDEO... , E SONS: PALABRAS, CANCIÓNS, MÚSICA... A TRAVÉS DAS TIC
NESTA BITÁCORA COMPARTIMOS OS TRABALLOS QUE FACEMOS COAS FAMILIAS.

miércoles, 26 de agosto de 2009

DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS NENOS A ESCOITAR CONTOS

Decálogo de dereitos dos nenos a escoitar contos

1. Todo nen@ sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
2. Todo nen@ ten dereito a esixir que seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
3. Todo nen@ que por algunha razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedirlle ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre que este amose que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.
4. Todo nen@ ten dereito a escoitar contos no colo dos seus avós.
5. Todo nen@ está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas teñen a obriga de poñer ó alcance dos nenos todos os libros, contos e poemas deses autores.
6. Todo nen@ goza en plenitude de dereito de coñecer as fábulas lendas e mitos da tradición oral do seu país.
7. O neno @ tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.
8. O nen@ ten dereito a esixir contos novos.
9. O nen@ sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un milleiro de veces o mesmo conto.
10. Todo nen@, por último, ten dereito a medrar acompañado das aventuras dos TresPorquiños, dos Tres Osos, daquel cabalo que era tan bonito.... e do inmortal “había unha vez”, fórmula máxica que abre as portas da imaxinación na ruta cara os soños máis fermosos da nenez.
No curso 2007-2008 como coordinadora da Biblioteca e traballando coa profe Marina Leboráns, empezou a funcionar a nosa biblioteca na que se fixeron moitas actividades, algunhas están reflectidas neste resumen que se entregou as familias.