BENVIDA

SON UNHA MESTRA DE INFANTIL QUE IMPARTEU UNHA SESIÓN SEMANAL DE "NOVAS TECNOLOXÍAS E LINGUAXE AUDIOVISUAL" AO ALUMNADO DA MIÑA ESCOLA.
INTENTO QUE O ALUMNADO SE EXPRESE COA IMAXE: DEBUXOS, FOTOS, VÍDEO... , E SONS: PALABRAS, CANCIÓNS, MÚSICA... A TRAVÉS DAS TIC
NESTA BITÁCORA COMPARTIMOS OS TRABALLOS QUE FACEMOS COAS FAMILIAS.

lunes, 30 de enero de 2012

30 XANEIRO "DÍA DA PAZ"

Esta semá imos traballar con este xogo na PDI.

Xogo Lim feito por Belén Junquera

"Wangari y los árboles de la Paz"


lunes, 23 de enero de 2012

O INVERNO 3 ANOS

O alumnado de 3 anos tamén fixo o seu boneco de neve, pero de modo cooperativo na PDI, participou todo o alumnado da aula.
Este é o resultado.
O INVERNO 3 ANOS on PhotoPeach

miércoles, 18 de enero de 2012

O INVERNO

Ca chegada do inverno, fixemos debuxos dun boneco de neve co programa Tux paint. Este é parte do resultado dos traballos feitos polo alumnado de 4 anos
  

martes, 17 de enero de 2012

A ENQUISA

QUE CHE TROUXERON OS REIS?

Estamos traballando a entrevista na Radio, e o xornalista preguntou: Que che trouxeron os Reis?
Debuxo feito na  clase da profe Luz .
Novo programa de RADIO INFANTIL MILLADOIRO. 
Este traballo fixose con todo o alumnado, só publico o traballo feito nunha clase.