BENVIDA

SON UNHA MESTRA DE INFANTIL QUE IMPARTEU UNHA SESIÓN SEMANAL DE "NOVAS TECNOLOXÍAS E LINGUAXE AUDIOVISUAL" AO ALUMNADO DA MIÑA ESCOLA.
INTENTO QUE O ALUMNADO SE EXPRESE COA IMAXE: DEBUXOS, FOTOS, VÍDEO... , E SONS: PALABRAS, CANCIÓNS, MÚSICA... A TRAVÉS DAS TIC
NESTA BITÁCORA COMPARTIMOS OS TRABALLOS QUE FACEMOS COAS FAMILIAS.

miércoles, 30 de mayo de 2012

"Manolo el murciélago curioso"

Este curso co alumnado de 5 anos estivemos traballando nun proxecto colaborativo con dous centros galegos, un de Ourense e outro de Crecente (Pontevedra). O pasado venres no colexio asistimos a proxeción da película "Manolo o morcego curioso" feita entre os tres colexios , guión orixinal dos nosos compañeiros de 5º de EP de Ourense. 
O próximo día 14 de xuño as 12 da mañá estrearase na Casa da Cultura do Milladoiro a versión en castelán "Manolo el murciélago curioso", recibiremos, como anfitrións, aos nosos compañeiros de Crecente e Ourense. Intentaremos agasallalos como se merecen,  como organizadores e anfitrións que somos. Seguramente precisaremos algunha axuda externa, que non dubidamos en conseguir. Se algún voluntario se anima  xa sabe como facer.
Despois do estreo oficial, compartiremos con tódalas familias as nosas producións nesta bitácora. 

martes, 29 de mayo de 2012

NOVOS TRABALLOS

Cada día manexamos mellor e coñecemos novas ferramentas do tuxPaint.
Estas son as nosas obras desta semana.
EMULANDO A PICASO....



OS DE 4 ANOS QUE ESTÁN TRABALLANDO OS PEIXES......

viernes, 25 de mayo de 2012

"Manolo o morcego curioso"

HOXE VIMOS O 1º PASE DA NOSA PRODUCIÓN EN COLABORACIÓN CON OUTRAS ESCOLAS DE
  "MANOLO O MORCEGO CURIOSO"

jueves, 10 de mayo de 2012

MIRÓ


ESTA SEMANA PINTAMOS COMO MIRÓ CO PROGRAMA "TUX PAINT", ESTOS SON OS RESULTADOS DAS 13 AULAS.

martes, 8 de mayo de 2012

POR FIN....CHEGOU O AGASALLO

ESTA MAÑÁ REUNIMOS O ALUMNADO DE 5 ANOS NA AULA DE INFORMÁTICA PARA ABRIR O AGASALLO  QUE ONTE POR FIN NOS CHEGOU DO PREMIO ACADADO EN EDUCARED E TAMÉN ABRIMOS O AGASALLO DO OUFF ESCOLA DE OURENSE. PODEDES VELO NAS FOTOS.





 O ORDENADOR "ALL IN ONE" É UNHA MARAVILLA, INSTALÁMOLO POLA TARDE, MAÑÁ EMPEZARÁ O ALUMNADO A USALO.







 NON FUN QUEN DE NON PROBALO, XA VOS CONTARAN OS NEN@S.



E O ALUMNADO PROBOUNO..... 



TODO O ALUMNADO TEN O  SEU DIPLOMA DE ALUMNO GAÑADOR.
GRACIAS POLO VOSO TRABALLO, POLO  PREMIO  ACADADO E.... QUE NÓS DISFRUTAREMOS!!!
AGRADECER DENDE AQUÍ TAMÉN O KIT INFORMÁTICO:PANTALLA, CAÑÓN E PORTATIL, AGASALLOE RECOÑECEMENTO DO NOSO TRABALLO,  DA SECRETARÍA XERAL DE SISTEMAS INFORMÁTICOS E DO DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN, QUE SE INSTALOU NA AULA 13 DO COLEXIO.