BENVIDA

SON UNHA MESTRA DE INFANTIL QUE IMPARTEU UNHA SESIÓN SEMANAL DE "NOVAS TECNOLOXÍAS E LINGUAXE AUDIOVISUAL" AO ALUMNADO DA MIÑA ESCOLA.
INTENTO QUE O ALUMNADO SE EXPRESE COA IMAXE: DEBUXOS, FOTOS, VÍDEO... , E SONS: PALABRAS, CANCIÓNS, MÚSICA... A TRAVÉS DAS TIC
NESTA BITÁCORA COMPARTIMOS OS TRABALLOS QUE FACEMOS COAS FAMILIAS.

martes, 20 de diciembre de 2011

FELICITACIÓN DE NADAL




Esta é a nosa felicitación de Nadal, cos debuxos feitos co programa Tux Paint e na PDI.
Música do alumnado, tradicional galega e de Fuxan os ventos.

lunes, 19 de diciembre de 2011

O TRABALLO DE PAPA NOEL EN NADAL




ESTE VIDEO GUSTOULLE MOITO O ALUMNADO DE 3 ANOS.
VÍMOLO O ÚLTIMO DÍA ANTES DA FESTA.
FELIZ NADAL!!!

domingo, 18 de diciembre de 2011

FELIZ NADAL!!!

Este ano cos talleres tivemos pouco tempo para facer a nosa felicitación de Nadal, pero ainda que sinxela está feita con moito agarimo polo alumnado.

Canción "Xa me tardan estes Reis",  de Mamá Cabra.
Canción que están aprendendo na hora de música.

martes, 13 de diciembre de 2011

TALLER DE RECICLAXE

A semana pasada participei no taller de reciclaxe coas profesoras Natalia, Concha e Anabel. Este foi o noso traballo no que participou todo o alumnado do colexio..

martes, 6 de diciembre de 2011

RIM "O ALUMNADO DE 3 ANOS CANTANDO"

O alumnado de 3 anos está empezando a facer prácticas de sons e gravou o seu primeiro programa de radio.

sábado, 3 de diciembre de 2011

A HISTORÍA DE PAULA "AS PRINCESAS DO CARRÍO"

Onte PAULA de 5 anos, trouxonos a súa historia para facer unha película.
video
Agora faltános escribir o guión, gravar os sons...pouco a pouco.

domingo, 27 de noviembre de 2011

viernes, 18 de noviembre de 2011

TALLER DE FOTOGRAFÍA

Está semana fixemos prácticas de fotografía dixital co alumnado de 4 anos. Aproveitamos as mazás que andaban pola escola dunha actividade anterior e fixemos os nosos bodegóns. O alumnado tiña unha caixa de mazás, unha cesta o un bol e unhas teas de cores para poñer de fondo..., a practica fixose por parellas, por eso cando hai duas cores de fondo é porque cada un quería unha cor distinta.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

lunes, 14 de noviembre de 2011

R. I. M. "O MAGOSTO"

1º PROGRAMA DE RADIO DO CURSO É UN ESPECIAL CON CANTIGAS, REFRÁNS...SOBRE O MAGOSTO

miércoles, 26 de octubre de 2011

domingo, 23 de octubre de 2011

 O director xeral da Consellería de Educación, en representación do Conselleiro, deunos a NORABOA e entregou o premio a un dos 4 colexios premiados.Seguir lendo

Estos días estíven en Madrid no "VI Encuentro Internacional EducaRed 2011 Actitud 2.0 : Aprender es compartir", para recibir os agasallos acadados no premio Internacional como FINALISTAS PREMIADOS.
"El Jurado destaca la calidad del proyecto, que permite el desarrollo de múltiples conocimientos y habilidades en los niños, al mismo tiempo que desarrolla el gusto por la expresión artística. Se trata de un adecuado caso de inclusión de las nuevas tecnologías en el proceso de enseñanza y aprendizaje potenciado con la colaboración entre centros educativos."



Estivemos con compañeiros premiados de 20 paises distintos e cun amigo especial que felicitou a todo o alumnado deste centro que traballou no TALLER DE CINE.

martes, 18 de octubre de 2011

PREMIOS POLO TALLER DE CINE DO CURSO 2010-2011

ONTE EN OURENSE RECOLLIMOS UN NOVO PREMIO NO CERTAMEN DE CINE INTERNACIONAL ; NA CONVOCATORIA OUFF ESCOLA,NUNHA MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO:
POLO TRABALLO CON ALUMNADO TAN PEQUENO, POLA CALIDADE DA ANIMACIÓN E POLO TEMA DO GUIÓN QUE TRABALLA A TOLERANCIA COMO VALOR.






PODEDES LER NOS  XORNAIS "EL CORREO GALLEGO" "FARO DE VIGO" E "LA REGIÓN" OS COMENTARIOS O NOSO PREMIO.
E DE NOVO PUBLICAMOS A PELÍCULA GAÑADORA DE DOUS PREMIOS:



viernes, 30 de septiembre de 2011

lunes, 26 de septiembre de 2011

EMPEZAMOS O CURSO CUNHA NOVA ACHEGA DE ANTÍA E O SEU PAI


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

domingo, 18 de septiembre de 2011

17 SETEMBRO DÍA DO SOFTWARE LIBRE

ESTE CURSO NA HORA DE TIC IMOS FACER USO DO SOFTWARE LIBRE.
Na bitácora mestres/as do século XXI, fan unha exposición moi clara das razóns para usar software libre

miércoles, 14 de septiembre de 2011

BO TRABALLO!!!

CURSO 2011-2012
Premio Internacional Educared 2011
>
EMPEZAMOS O CURSO CUNHA BOA NOTICIA, O NOSO "TALLER DE CINE"  DO CURSO PASADO RESULTOU GAÑADOR NO PREMIO INTERNACIONAL EDUCARED DE INNOVACIÓN EDUCATIVA NAS TIC. NESTE PREMIO PARTICIPABAN 4000 PROXECTOS .
GRAZAS A TOD@S OS QUE COLABORÁCHEDES NESTE PROXECTO: O ALUMNADO DE 5 ANOS, AUTORES DO TRABALLO, O PROFESORADO QUE COLABOROU DESINTERESADAMENTE ,   DUNHA FORMA U OUTRA, SODES TAMÉN GAÑADORES. O NOSO TRABALLO PODEDES VELO EN FACEMOS CINE.
ESTE CURSO IMOS AMPLIAR O NOSO PROXECTO DO CURSO PASADO, A CREACIÓN DE "RADIOTVINFANTILMILLADOIRO"

miércoles, 29 de junio de 2011

CO ÚLTIMO PROGRAMA DE RADIO INFANTIL MILLADOIRO REMATAMOS O CURSO E UNHA ETAPA ....
ATA SEMPRE FELIZ VERÁN!!!!


UN AGRADECEMENTO A MANOLO O NOSO QUERIDO CONSERXE QUE VAI A DISFRUTAR DA SÚA XUBILACIÓN MERECIDA....

domingo, 19 de junio de 2011

A NOITE DE SAN XOAN

CON SAN XOÁN CHEGAN AS VACACIÓNS.
FELIZ VERÁN A TODO O ALUMNADO E FAMILIA.




AS HERBAS DE SAN XOÁN











martes, 24 de mayo de 2011

AS PRODUCCIÓNS DO ALUMNADO NA SÚA CASA

Antía Somoza de 3 anos  comparte connosco os videos que fixo na súa casa ca axuda do seu pai.
Moitas grazas Antón pola túa coloboración co traballo da escola.
As canción cantadas por Antía son as que aprendeu ca súa títora Marina e ca profe de inglés.







lunes, 23 de mayo de 2011

3º PROGRAMA R.I.M.

SEMÁ DA PRENSA NA NOSA ESCOLA

Unindo a celebración do 17 de maio como Día de Internet e a semá da prensa na nosa escola, veremos como podemos ler o xornal dende internet. Calquera xornal do mundo!!!

martes, 17 de mayo de 2011

AS NOSAS PRODUCCIÓNS AUDIOVISUAIS

NA HORA DE ATENCIÓN EDUCATIVA PROPÚSENLLE O ALUMNADO CREAR AS SÚAS PELÍCULAS. ESTA É A PRIMEIRA.
IDEA, GUIÓN, FOTOGRAFÍA, SON... SON OBRA DAS AUTORAS:
ALMU E LARA.




video

domingo, 8 de mayo de 2011

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

ESTA SEMÁ ADICAREMONOS A TRABALLAR NA PDI OS MATERIAIS ELABORADOS POR COMPAÑEIROS DOUTRAS ESCOLAS PARA COÑECER A LOIS PEREIRO

lunes, 2 de mayo de 2011

RADIO INFANTIL MILLADOIRO

HOXE COMEZA A EMITIR

 "RADIO INFANTIL MILLADOIRO"

ENTREVISTANDO A MANOLO, O NOSO QUERIDO CONSERXE.







ENTREVISTANDO OS NOSOS COMPAÑEIROS...

 

MAÑÁ OUTRO PROGRAMA...
HOXE REFRANS




Traballo feito polo alumnado de 5 anos, cada aula unha parte e logo montamos todo, todo o alumnado participa dalgún xeito: elaborar guión, mesa de gravación, locutor/ra, presentador, producir, son, invitados...

jueves, 7 de abril de 2011

ONDE LES? COMO LES?
CO MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, O VINDEIRO 23 DE ABRIL QUEREMOS ORGANIZAR UNHA EXPOSICIÓN DE IMAXES NAS QUE SE REFLICTAN OS LUGARES NOS, QUE LEN E AS POSTURAS QUE ADOPTAN OS VOSOS/AS FILLOS/AS.
FAREMOS UNHA MONTAXE QUE SE PUBLICARÁ NA BITÁCORA DA ESCOLA.
ANIMADEVOS E ENVIALA A ticsmilladoiro@gmail.com
XA CHEGARON AS PRIMEIRAS.



FOTOS RECIBIDAS ATA O 4 de maio de 2011


GRAZAS POLA VOSA COLABORACION!!!!
MÚSICA: TIC-TAC KALANDRAKA
GRAZAS A TODOS/AS OS QUE ENVIACHEDES AS FOTOS.

TEMOS QUE ENCHER A MÚSICA CAS FOTOS.ANIMÁDEVOS!!!!

"EL CUENTO DE LOS CUENTOS"



VIDEO ATOPADO EN mediateca.educa.madrid. PARECEME MOI AXEITADO PARA  CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO.

domingo, 3 de abril de 2011

SEGUIMOS CO TALLER DE CINE

PRIMEIRO DEBUXAMOS O NOSO PEIXE E A PECEIRA. FIXÉMOLO NA HORA DE ATENCIÓN EDUCATIVA. LOGO RECORTAMOS, COA AXUDA DA PROFE PUXEMOS OS FIOS E PROBAMOS O NOSO XOGUETE. QUE SORPRESA!!!!  
O invento é de John Ayrton Paris,un físico,   para demostrar o principio de persistencia retiniana ante os seus compañeiros   en 1824. Naquela ocasión, utilizou debuxos dun papagaio e unha gaiola para causar a ilusión de que o paxaro estaba dentro da gaiola.




 

NA HORA DE TIC ESTAMOS A INVESTIGAR COMO POÑER OS NOSOS PERSONAXES DOS CONTOS EN MOVIMENTO. ALGO XA CONSEGUIMOS...
video

PERO SEGUIREMOS INVESTIGANDO PARA  MELLORAR...
MENTRAS INVESTIGAMOS  FACEMOS DE "CLAQUETEROS E CÁMARAS "


miércoles, 23 de marzo de 2011

O CINE

XA FIXEMOS, EN TODAS AS AULAS ( 3,4 e 5ANOS), A NOSA PELÍCULA. SO PUBLICAMOS ESTA, PORQUE É NA AULA QUE TEÑO A CERTEZA DE QUE TODO O ALUMNADO ASINOU O DEREITO A IMAXE. 




TÓDALAS AULAS LEVARÁN A FINAL DE CURSO UN DVD COS TRABALLOS FEITOS NA HORA DE TIC , INCLUINDO ESTA PELICULA:

domingo, 20 de marzo de 2011

PRIMAVEIRA



O BOSQUE COMEZA A DESPERTAR CA PRIMAVEIRA!!!


FOTOS FEITAS NO COLE E NA FRAGA DE CECEBRE
UN COGOMELO DE PRIMAVEIRA NA NOSA ESCOLA

martes, 8 de marzo de 2011

8 DE MARZO


 " LA CIENCIA ENCIERRA UNA GRAN BELLEZA. UN SABIO EN SU LABORATORIO NO ES SÓLO UN TÉCNICO; ES TAMBIEN UN NIÑO COLOCADO ANTE FENÓMENOS NATURALES QUE LO IMPRESIONAN COMO UN CUENTO DE HADAS. DEBEMOS TENER MEDIOS PARA EXTERIORIZAR ESTE SENTIMIENTO. NO DEBEMOS DEJAR QUE SE CREA QUE TODO EL PROGRESO CIENTÍFICO SE REDUCE A MECANISMOS,  MÁQUINAS,  ENGRANAJES QUE, POR OTRA PARTE, TIENEN IGUALMENTE SU PROPIA BELLEZA."
 Marie Curie



MARIE CURIE
( 1ª MULLER PREMIO NOBEL)
O ANO 2011 COINCIDE CO CENTENARIO DO PREMIO NOBEL DE QUÍMICA OTORGADO A MARIE CURIE

viernes, 4 de marzo de 2011

jueves, 10 de febrero de 2011

CONTOS

OS NOSOS TRABALLOS, EN FEBREIRO E MARZO, SERÁ FACER DE...

...A TRAVÉS DA FOTOGRAFÍA E DO VIDEO. COS MEDIOS QUE TEMOS O NOSO ALCANCE NA ESCOLA E CA NOSA IMAXINACIÓN.



OS NOSOS CONTOS

OS CONTOS DO ALUMNADO DE 4 ANOS
As voces graváronse na hora de Tic, as ilustracións e fotografías co alumnado de Atención Educativa de 5 anos e a montaxe en TIC.



"PACO PAPÁN"
4 ANOS A

BASADO NO CONTO
Paco Papán
Editorial OQO
Patacrúa
Evelyn Daviddi
4 ANOS B
"A CEBRA CAMILA"


BASADO NO CONTO

A cebra Camila
Editorial Kalandraka
Marisa Núñez
Óscar Villán
4 ANOS C
"O COELLIÑO BRANCO"


BASADO NO CONTO
O coelliño branco
Editorial Kalandraka
Xosé Ballesteros
Óscar Villán
4 ANOS D
"A RATIÑA PRESUMIDA"


BASADO NO CONTO
A ratiña presumida
José Antonio López Parreño
Pablo Mestre


CONTO DO ALUMNADO DE 3 ANOS
CADA AULA GRAVOU UNHA PARTE SIN COÑECER O CONTO; CANDO VIRON A MONTAXE LEVARON UNHA GRAN SORPRESA

"QUE LLEGA EL LOBO"

BASADO NO CONTO
"QUE LLEGA EL LOBO"
Autor Emile Jadoul
Editorial Edelvives


XA REMATAMOS AS PROBAS DALGÚNS TRABALLOS, AGORA FAREMOS DE CRÍTICOS E CORREXIREMOS OS ERROS. 
CONTOS DO ALUMNADO DE 5 ANOS
As voces gravaronse na hora de Tic, as ilustracións na hora de Atención Educativa de 5 anos, a montaxe en TIC.
5ANOS A
"CANDO MATIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS"


ILUSTRACIÓNS FEITAS POLO ALUMNADO DA CLASE
BASADO NO CONTO
Editorial Kalandraka
Kiko Dasilva
Chema Heras
                                     5 ANOS D
" A TOUPIÑA QUE NON SABÍA QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA"


BASADO NO CONTO

Editorial Kalandraka
Werner Holzwarth
                          5 ANOS B
"O HOMIÑO DE MAZAPÁN"


ILUSTRACIÓNS FEITAS POLO ALUMNADO DA CLASE
BASADO NO CONTO
Editorial Kalandraka
Elia Monero
Raquel Méndez



                       5 ANOS C
"OS CHIBOS CHIBÓNS"






BASADO NO CONTO                                                                   Editorial Kalandraka


Olalla Gonzalez Paz
Federico Fernández Alonso


lunes, 7 de febrero de 2011

DÍA DA PAZ

DENDE O EQUIPO DE CONVIVENCIA PROPUSERON TRABALLAR NESTE DÍA OS DEREITOS DOS NENOS E UNHA POESÍA DE GLORIA FUERTES.COS TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO,   NA HORA DE TIC FIXEMOS UNHA PEQUENA MONTAXE RECITANDO A POESÍA , E GRABANDO A NOSA VOZ.






viernes, 21 de enero de 2011

TUX PAINT




PAPA NOEL VEU O COLE E DEIXOUNOS UNHA PELÍCULA

















En xaneiro atopamos un xogo novo nos ordenadores da aula TIC.


Mirade o que fixemos os de tres e catro anos: