BENVIDA

SON UNHA MESTRA DE INFANTIL QUE IMPARTEU UNHA SESIÓN SEMANAL DE "NOVAS TECNOLOXÍAS E LINGUAXE AUDIOVISUAL" AO ALUMNADO DA MIÑA ESCOLA.
INTENTO QUE O ALUMNADO SE EXPRESE COA IMAXE: DEBUXOS, FOTOS, VÍDEO... , E SONS: PALABRAS, CANCIÓNS, MÚSICA... A TRAVÉS DAS TIC
NESTA BITÁCORA COMPARTIMOS OS TRABALLOS QUE FACEMOS COAS FAMILIAS.

miércoles, 7 de marzo de 2012

"ILUSTRANDO A DIVERSIDADE"

Durante os días 20,21,22 e 23 de Febreiro celebrouse en Santiago o Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade". O noso traballo "Que chega o lobo!" feito polo alumnado de 5 anos, foi seleccionado polo Comité Científico da organización para ser presentado dentro do marco "Do album ilustrado a curta de animación".
Foi unha pequena presentación de 15 minutos pero moi aplaudida polos asistentes.
Recibimos a felicitación persoalmente de Carme Solé, autora e ilustradora catalana, e de Mónica Weiss ilustradora arxentina que nos transmitiron as súas felicitacións para o alumnado participante e nos animáron a seguir traballando neste campo.
Carme Solé tamén nos achegou  felicitacións para a profe Luz, por traballar ese conto . Ela dixo que llo contaba ao seu neto polas noites.
O luns 21 como parte do Congreso inagurouse a exposición "Ilustramundos" no Pazo de Fonseca, que permanecerá aberta ata o 20 de abril.