BENVIDA

SON UNHA MESTRA DE INFANTIL QUE IMPARTEU UNHA SESIÓN SEMANAL DE "NOVAS TECNOLOXÍAS E LINGUAXE AUDIOVISUAL" AO ALUMNADO DA MIÑA ESCOLA.
INTENTO QUE O ALUMNADO SE EXPRESE COA IMAXE: DEBUXOS, FOTOS, VÍDEO... , E SONS: PALABRAS, CANCIÓNS, MÚSICA... A TRAVÉS DAS TIC
NESTA BITÁCORA COMPARTIMOS OS TRABALLOS QUE FACEMOS COAS FAMILIAS.

martes, 6 de diciembre de 2011

RIM "O ALUMNADO DE 3 ANOS CANTANDO"

O alumnado de 3 anos está empezando a facer prácticas de sons e gravou o seu primeiro programa de radio.

sábado, 3 de diciembre de 2011

A HISTORÍA DE PAULA "AS PRINCESAS DO CARRÍO"

Onte PAULA de 5 anos, trouxonos a súa historia para facer unha película.
Agora faltános escribir o guión, gravar os sons...pouco a pouco.

domingo, 27 de noviembre de 2011

viernes, 18 de noviembre de 2011

TALLER DE FOTOGRAFÍA

Está semana fixemos prácticas de fotografía dixital co alumnado de 4 anos. Aproveitamos as mazás que andaban pola escola dunha actividade anterior e fixemos os nosos bodegóns. O alumnado tiña unha caixa de mazás, unha cesta o un bol e unhas teas de cores para poñer de fondo..., a practica fixose por parellas, por eso cando hai duas cores de fondo é porque cada un quería unha cor distinta.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

lunes, 14 de noviembre de 2011

R. I. M. "O MAGOSTO"

1º PROGRAMA DE RADIO DO CURSO É UN ESPECIAL CON CANTIGAS, REFRÁNS...SOBRE O MAGOSTO

miércoles, 26 de octubre de 2011

domingo, 23 de octubre de 2011

 O director xeral da Consellería de Educación, en representación do Conselleiro, deunos a NORABOA e entregou o premio a un dos 4 colexios premiados.Seguir lendo

Estos días estíven en Madrid no "VI Encuentro Internacional EducaRed 2011 Actitud 2.0 : Aprender es compartir", para recibir os agasallos acadados no premio Internacional como FINALISTAS PREMIADOS.
"El Jurado destaca la calidad del proyecto, que permite el desarrollo de múltiples conocimientos y habilidades en los niños, al mismo tiempo que desarrolla el gusto por la expresión artística. Se trata de un adecuado caso de inclusión de las nuevas tecnologías en el proceso de enseñanza y aprendizaje potenciado con la colaboración entre centros educativos."



Estivemos con compañeiros premiados de 20 paises distintos e cun amigo especial que felicitou a todo o alumnado deste centro que traballou no TALLER DE CINE.

martes, 18 de octubre de 2011

PREMIOS POLO TALLER DE CINE DO CURSO 2010-2011

ONTE EN OURENSE RECOLLIMOS UN NOVO PREMIO NO CERTAMEN DE CINE INTERNACIONAL ; NA CONVOCATORIA OUFF ESCOLA,NUNHA MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO:
POLO TRABALLO CON ALUMNADO TAN PEQUENO, POLA CALIDADE DA ANIMACIÓN E POLO TEMA DO GUIÓN QUE TRABALLA A TOLERANCIA COMO VALOR.






PODEDES LER NOS  XORNAIS "EL CORREO GALLEGO" "FARO DE VIGO" E "LA REGIÓN" OS COMENTARIOS O NOSO PREMIO.
E DE NOVO PUBLICAMOS A PELÍCULA GAÑADORA DE DOUS PREMIOS:



viernes, 30 de septiembre de 2011

lunes, 26 de septiembre de 2011

EMPEZAMOS O CURSO CUNHA NOVA ACHEGA DE ANTÍA E O SEU PAI


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

domingo, 18 de septiembre de 2011

17 SETEMBRO DÍA DO SOFTWARE LIBRE

ESTE CURSO NA HORA DE TIC IMOS FACER USO DO SOFTWARE LIBRE.
Na bitácora mestres/as do século XXI, fan unha exposición moi clara das razóns para usar software libre